lunes, 26 de noviembre de 2012

CRÓNICA DE UNHA BODA ANUNCIADA



Podía parecer imposible que casi 500 persoas responderan a chamada dun grupo inexperto de organizadores. Para os incrédulos, terse pasado por Vilanova a partir das 9 da noite cando as rúas vacías contrastaban coa marabunta de xente reunida para un gran evento no mercado gandeiro, sería suficiente testemuño da súa falta de fé! Á voz de vivan os noivos comezaba unha orixinal ceremonia para renovar os votos de unión duns persoaxes moi queridos na vila!! 

Un presidente moi seguro e convencido do que decía, deixaba claro a todos que “corran os tempos que corran, un pobo nunca se pode olvidar dos seus festexos e tradicións”. E para tradición a que se celebraba: 50 anos de bailes polas rúas duns xigantes moi especiais, Os Cocos!!
 
Non lles tremeu a estes a voz ao dar a resposta esperada, e unha e outra vez cumprían o desexo daqueles que reclamaban o bico oficial.
 
Fieis gaitas non podían faltar neste día destacado. Novas roupas para ela e un especial vídeo homenaxe confirmaban as sorpresas anunciadas!!
 
O inesperado número de comensais non orixinou nada imposible de solucionar. Da comida, bebida, prezos e organización din moitos que todo estivo xenial; palabras, sen dúbida, de recompensa!!
 
"Éxito" pode definir esta noite, e a unión dun pobo é o que o xera. Polo tanto, o que uniron Os Cocos que non se separe nunca!!
 
VIVA LOURENZÁ E VIVAN OS NOSOS COCOS!!

                                                                                                E. López




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario