lunes, 7 de enero de 2013

A MAXIA DO TEATRO



A moitos de nós xa nin se nos pasaba pola cabeza poder revivir aquelas vacacións de Nadal que fai máis de dez anos nos mantiñan ocupados facendo teatro:  ensaios, nervios, enfados, berros, "non hai tempo suficiente", "o decorado non esta listo", "fáltame a roupa"…  a verdade é que despois de todo este tempo nada cambiou, seguimos sendo aqueles  nenos con nervios, con pouco tempo, con problemas co decorado e como non, con enfados e berros!!


Pois benditos enfados! , benditos berros! e benditos nervios! porque se acaban transformando en ilusión, orgullo e recompensa compartida.


Despois de tres representacións  son poucas as palabras para agradecer as case 400 persoas que nos regalaron unha hora e media dos seus sorrisos e aplausos, non se pode explicar a gratitude  que se sinte cando estás subido o escenario e todo un salón ovaciona ó unísono!! 


Todo isto foi, sen dúbida, un aliciente para seguir en esta industria de crear bos momentos.


VIVA LOURENZÁ, VIVA O CONDE SANTO E VIVA O TEATRO!!!

                                                                                                                         E. López